A xénese da Eslovaquia independente

A República de Checoeslovaquia foi un dos países que naceron coa desintegración da monarquía austrohúngara tralo final da Gran Guerra (1914-1918). A súa concepción retrotráese ata antes do conflito europeo, coas negociacións entre checos e eslovacos, interesados os segundos na idea dun Estado binacional, coa autonomía garantida nos planos administrativo e político. O paso definitivo para a unión foi o Pacto de Pittsburgh de maio … Continue reading A xénese da Eslovaquia independente

Cartografías invisibles. Os mapas do Inferno

José Manuel Suárez García Os deuses e os heroes nunca mostraron unha actitude moi favorable coa xeografía. ¿Por que habían de facelo? Da mesma maneira que rexeitaron a historia, refuxiándose no seu propio tempo mítico, tamén o espazo mítico lles permitiu resistir as tentativas de seren cartografados. ¿Acaso Deus debería entregar á humanidade un mapa no que tivese marcado o itinerario cara a terra prometida? … Continue reading Cartografías invisibles. Os mapas do Inferno

O papel da muller durante as dúas guerras mundiais: a muller soviética

   Sara Penide de la Torre A I Guerra Mundial supuxo a incorporación da muller na esfera pública, en substitución dos homes combatentes. As nacións comezaron a formar á muller ante esta nova necesidade, aínda que sempre baixo o espírito da no competitividade co home, Así, transformarase a organización social e as estruturas xerárquicas, rachando cos roles de xénero mentres dure a contenda[1]. Ocuparon postos … Continue reading O papel da muller durante as dúas guerras mundiais: a muller soviética

O dragón e a cruz. As Stavkirke: igrexas de madeira noruegas

Lucas Sánchez Taboada Stavkirke é a palabra norueguesa coa que se denominan unhas particulares igrexas cristiás de época Medieval, construídas en madeira e asociadas co país noruegués. Aínda que na súa orixe seguramente existiron por toda a Europa do Norte, actualmente quedan 28 en Noruega e unha en Suecia. As máis antigas teñen máis de 800 anos, moitas delas conteñen elementos decorativos inscritos dentro do … Continue reading O dragón e a cruz. As Stavkirke: igrexas de madeira noruegas

O fascismo en Croacia (II): os ecos da Ustaša na Guerra dos Balcáns

Carlos Quivén Sánchez Como moitos países europeos que estiveron baixo réximes fascistas que cometeron masacres contra a poboación civil, Croacia segue a ter unha relación conflitiva co seu pasado. As tensións desatadas entre nacionalistas croatas e nacionalistas serbios que levaron á Domovinski Rat (Guerra da Patria) -que tivo lugar entre 1991 e 1995, co simbólico inicio no estadio Maksimir en maio de 1990- fixeron temer … Continue reading O fascismo en Croacia (II): os ecos da Ustaša na Guerra dos Balcáns