Celebrando e pensando o Día das Artes Galegas 2020: o ano de Domingo de Andrade

Santiago Rodríguez Caramés O Día das Artes Galegas foi instaurado en 2015 pola Real Academia Galega de Belas Artes. A data escollida para a súa celebración non é casualidade, xa que foi no primeiro de abril de 1188 cando se colocaron os linteis das portadas do Pórtico da Gloria, como reza a propia inscrición da porta central. O Mestre Mateo recoñécese como o director destas … Continue reading Celebrando e pensando o Día das Artes Galegas 2020: o ano de Domingo de Andrade

O Museo Provincial de Lugo. Fundación e orixe das súas coleccións.

Clara Reigosa Lombao O Museo Provincial de Lugo, como a maioría de museos provinciais, está formado por unha ampla e variada colección de obras de arte. Estes museos, nados a maioría entre os séculos XIX e XX, responden a unha serie de cuestións que conflúen na necesidade de ter un espazo onde conservar e estudar o patrimonio cultural da provincia. O Museo de Lugo abriu … Continue reading O Museo Provincial de Lugo. Fundación e orixe das súas coleccións.

Cartografías invisibles. Os mapas do Inferno

José Manuel Suárez García Os deuses e os heroes nunca mostraron unha actitude moi favorable coa xeografía. ¿Por que habían de facelo? Da mesma maneira que rexeitaron a historia, refuxiándose no seu propio tempo mítico, tamén o espazo mítico lles permitiu resistir as tentativas de seren cartografados. ¿Acaso Deus debería entregar á humanidade un mapa no que tivese marcado o itinerario cara a terra prometida? … Continue reading Cartografías invisibles. Os mapas do Inferno

“O Prado Disperso”: do depósito á parede

Clara Reigosa Lombao O pasado 19 de novembro o Museo Nacional do Prado celebrou o seu 200 aniversario. Este museo, denominado nun primeiro momento Museo Real de Pintura e Escultura, foi creado durante o reinado de Fernando VII e Isabel de Braganza. A súa orixe condicionou a colección do museo, formada principalmente polo gusto dos monarcas antecesores e sucesores[1]. Ademais, a pinacoteca complementouse coas obras … Continue reading “O Prado Disperso”: do depósito á parede

O dragón e a cruz. As Stavkirke: igrexas de madeira noruegas

Lucas Sánchez Taboada Stavkirke é a palabra norueguesa coa que se denominan unhas particulares igrexas cristiás de época Medieval, construídas en madeira e asociadas co país noruegués. Aínda que na súa orixe seguramente existiron por toda a Europa do Norte, actualmente quedan 28 en Noruega e unha en Suecia. As máis antigas teñen máis de 800 anos, moitas delas conteñen elementos decorativos inscritos dentro do … Continue reading O dragón e a cruz. As Stavkirke: igrexas de madeira noruegas