A Eslovaquia independiente de Josef Tiso (IV): Aniquilación

Adrián Feijoo Sánchez Continuando co rematado no anterior artigo, unha das características máis importantes da Eslovaquia neste período que se abre (dende os Acordos de Múnic ata a fin da Guerra Mundial) é a estreita relación con Alemaña, até o punto de limitar a súa independencia coma nación soberana. Dous exemplos disto foron o Tratado de Protección firmado en marzo de 1939 e a modificación … Continue reading A Eslovaquia independiente de Josef Tiso (IV): Aniquilación

“Nos corpos das mulleres galegas pódense trazar todos os procesos do noso desposuimento histórico”. Entrevista a Helena Miguélez-Carballeira.

Helena Miguélez-Carballeira é unha filóloga galega e diretora do Centro de Estudos Galegos en Gales. Dende Mazarelos quixemos falar con ela sobre a súa obra Galiza, um povo sentimental. Género, política e cultura no imaginário social galego (2014), que recibiu o premio da AELG no ano 2015 de mellor ensaio. A editorial Através lanzou a súa reedición en outubro deste ano. No libro sinalas que os historiadores … Continue reading “Nos corpos das mulleres galegas pódense trazar todos os procesos do noso desposuimento histórico”. Entrevista a Helena Miguélez-Carballeira.

A fin do Imperio Romano na provincia da Gallaecia. O xacemento de Valencia do Sil (Vilamartín de Valdeorras, Ourense)

Sputnik Labrego é un proxecto de investigación formado por unha ducia de persoas cuxo obxectivo é o estudo das sociedades labregas na longa duración histórica. Entre as súas actividades máis importantes están as escavacións na Ciudad de la Selva, un conxunto de campamentos da guerrilla antifranquista, en Casaio (Ourense) e a análise da fin do Imperio Romano na bisbarra de Valdeorras. O período final do Imperio … Continue reading A fin do Imperio Romano na provincia da Gallaecia. O xacemento de Valencia do Sil (Vilamartín de Valdeorras, Ourense)

A Eslovaquia independente de Josef Tiso (III): Slovenská republika

O que fora o punto de inflexión para a Europa de Entreguerras e a diplomacia do Terceiro Reich, tamén o foi para os nacionalistas eslovacos. A crise de Múnic de 1938 profundizou as diferenzas dos dous sectores no partido Ludaki: os radicalizados, simpatizantes do fascismo compostos por intelectuais novos e militantes da antiga Rodobrana (reconvertida agora na “Garda de Hlinka”); e os moderados católicos, conservadores … Continue reading A Eslovaquia independente de Josef Tiso (III): Slovenská republika

A guerra dentro da guerra. A Segunda Guerra Mundial en Iugoslavia

Pablo Martínez Sánchez A II Guerra Mundial na península balcánica (1941-1944) amosou toda unha amalgama de problemáticas étnicas e nacionais sen resolver durante o goberno da dinastía Karadjordjevic en Iugoslavia. Os problemas aparecerán con gran forza durante a guerra e serán causas que poden explicar a violencia e dureza emprendida polos diferentes movementos que se consolidan durante a invasión de Hitler. A operación 25 Iugoslavia … Continue reading A guerra dentro da guerra. A Segunda Guerra Mundial en Iugoslavia