Sticky post

Cartografías invisibles. Os mapas do Inferno

José Manuel Suárez García Os deuses e os heroes nunca mostraron unha actitude moi favorable coa xeografía. ¿Por que habían de facelo? Da mesma maneira que rexeitaron a historia, refuxiándose no seu propio tempo mítico, tamén o espazo mítico lles permitiu resistir as tentativas de seren cartografados. ¿Acaso Deus debería entregar á humanidade un mapa no que tivese marcado o itinerario cara a terra prometida? … Continue reading Cartografías invisibles. Os mapas do Inferno

A disputa entre Xelmírez e Gonzalo polo control da ría de Ferrol

Roque Sanfiz Arias A organización territorial e da poboación na Idade Media estivo claramente marcada polas estruturas creadas pola Igrexa. As disputas de poder entre distintas sedes episcopais marcaron o mapa até o día de hoxe. A comezos do século XII produciuse unha loita de poder entre o bispo Xelmírez de Santiago e Gonzalo de Mondoñedo polo control da zona da ría de Ferrol. Xelmirez … Continue reading A disputa entre Xelmírez e Gonzalo polo control da ría de Ferrol

1352. A Peste Negra chega a Ourense.

Mateo Martínez Torres A peste, a gran asasina da humanidade, descoñecida e terrorífica para as persoas do século XIV, só podía ser explicada no seu momento coma un castigo divino; un terzo da poboación europea morreu, directa ou indirectamente, a raíz desta enfermidade. Tratouse dun fenómeno tan brutal que afectou a tódalas capas sociais e incluso se viu representado en obras de arte, ben en … Continue reading 1352. A Peste Negra chega a Ourense.

O dragón e a cruz. As Stavkirke: igrexas de madeira noruegas

Lucas Sánchez Taboada Stavkirke é a palabra norueguesa coa que se denominan unhas particulares igrexas cristiás de época Medieval, construídas en madeira e asociadas co país noruegués. Aínda que na súa orixe seguramente existiron por toda a Europa do Norte, actualmente quedan 28 en Noruega e unha en Suecia. As máis antigas teñen máis de 800 anos, moitas delas conteñen elementos decorativos inscritos dentro do … Continue reading O dragón e a cruz. As Stavkirke: igrexas de madeira noruegas

O culto a santa Eufemia na catedral medieval de Ourense.

Andrea Montes González A figura de santa Eufemia é moi relevante na cidade de Ourense, de feito, é copatroa da catedral, xunto a san Martín de Tours, ademais de selo tamén dalgunhas igrexas de diferentes épocas. Esta relevancia xurde da localización dos seus restos no templo auriense, aínda que existen dúbidas sobre as orixes reais desta santa. Dende tempos moi antigos, en Ourense venérase a … Continue reading O culto a santa Eufemia na catedral medieval de Ourense.