Ensinar contra Auschwitz: a educación como ferramenta da memoria

Mateo Martínez Torres “Nunca ten fracasado ningún xenocidio por falta de voluntarios para asasinar” Christopher R. Browning Tradicionalmente, nos currículos das Ciencias Sociais na ESO e no Bacharelato os contidos con máis protagonismo foron os referidos ás historias nacionais, deixando un espazo reducido para a historia social e cultural. Eran “historias atadas a políticas, intereses e recursos educativos, que soportaban o peso da lóxica e … Continue reading Ensinar contra Auschwitz: a educación como ferramenta da memoria

Demografía escrita en pedra

Esther Nidáguila López Cando no reconto poboacional bianual do Instututo Nacional de Estadística de xullo do 2012 reflexouse o primeiro descenso poboacional en democracia (Instituto Nacional de Estadística. Población. Principales series desde 1971) a nivel nacional, o Estado botouse as mans á cabeza. Mentres, os galegos, mirábamos ó resto con aire de incredulidade. Nós xa levábamos perdendo poboación dende a década de 1990 e ninguén … Continue reading Demografía escrita en pedra

Iatrofobia (II)

José Manuel Suárez García A crenza no contaxio da peste por vía aérea foi o fundamento do imaxinario da enfermidade: as cidades cubríronse de fume, os cidadáns taparon o nariz con panos impregnados de auga de rosas, pero tamén de vinagre ou allo; e finalmente os médicos da peste adoptaron o seu atondo característico. Tanto, que permite identificar sen dúbida algunha dúas figuras milimétricas na … Continue reading Iatrofobia (II)

O PNV na Lexislatura Constituínte: Actividade parlamentaria no Congreso

Arturo Real López A chegada ás Cortes: Eleccións Xerais de 1977 O Congreso dos Deputados que levou a cabo o proceso constitucional sairá dos comicios de xuño de 1977, posteriores á Lei da Reforma Política. A lexislatura naceu, en orixe, como reformista, e finalmente foi constituínte, rematando coa promulgación e sanción da Constitución de 19781.  Un dos partidos con presenza na mesma é o Partido … Continue reading O PNV na Lexislatura Constituínte: Actividade parlamentaria no Congreso

Iatrofobia (I)

José Manuel Suárez García Giorgio Agamben dedícalle unhas palabras en Stasis. La guerra civil como paradigma político ao frontispicio do Leviathan de Thomas Hobbes, publicado en 1651. Dos moitos elementos que compoñen a imaxe, chama a atención sobre as poucas figuras que ocupan a cidade baleira: algúns soldados nos arredores da cidadela e outras dúas figuras diante da catedral, identificados como dous médicos da peste … Continue reading Iatrofobia (I)