A independencia de Leópolis: o Estado errado

Juan López No período de entre-guerras os territorios que actualmente conforman o estado ucraíno estaban fragmentados por dúas repúblicas que acadaron un acordo de repartición dos devanditos terreos no Tratado Riga en 1921: a Ucraína Occidental pasou a formar parte da República Polaca e nos territorios restantes erixiuse a República Socialista Soviética Ucraína1. Non obstante, co estoupido da Segunda Guerra Mundial e a polarización de … Continue reading A independencia de Leópolis: o Estado errado

A Eslovaquia independente de Josef Tiso: Camiño ó poder

Adrián Feijoo Sánchez O PPEH presentouse ás eleccións de 1920, en coalición co Partido Popular Checo, coma o único partido non partidario do Estado checoeslovaco, pese a que nun principio apoiaron a súa Constitución (co condicionante de se cumprían ou non as demandas de maior autonomía)1 . Obtiveron doce deputados e o 17’5% dos votos na Eslovaquia, preto do 18% que recibiu a outra gran … Continue reading A Eslovaquia independente de Josef Tiso: Camiño ó poder

A xénese da Eslovaquia independente

A República de Checoeslovaquia foi un dos países que naceron coa desintegración da monarquía austrohúngara tralo final da Gran Guerra (1914-1918). A súa concepción retrotráese ata antes do conflito europeo, coas negociacións entre checos e eslovacos, interesados os segundos na idea dun Estado binacional, coa autonomía garantida nos planos administrativo e político. O paso definitivo para a unión foi o Pacto de Pittsburgh de maio … Continue reading A xénese da Eslovaquia independente

Cartografías invisibles. Os mapas do Inferno

José Manuel Suárez García Os deuses e os heroes nunca mostraron unha actitude moi favorable coa xeografía. ¿Por que habían de facelo? Da mesma maneira que rexeitaron a historia, refuxiándose no seu propio tempo mítico, tamén o espazo mítico lles permitiu resistir as tentativas de seren cartografados. ¿Acaso Deus debería entregar á humanidade un mapa no que tivese marcado o itinerario cara a terra prometida? … Continue reading Cartografías invisibles. Os mapas do Inferno

O papel da muller durante as dúas guerras mundiais: a muller soviética

   Sara Penide de la Torre A I Guerra Mundial supuxo a incorporación da muller na esfera pública, en substitución dos homes combatentes. As nacións comezaron a formar á muller ante esta nova necesidade, aínda que sempre baixo o espírito da no competitividade co home, Así, transformarase a organización social e as estruturas xerárquicas, rachando cos roles de xénero mentres dure a contenda[1]. Ocuparon postos … Continue reading O papel da muller durante as dúas guerras mundiais: a muller soviética