Outros ventos de cambio

Xaquín Bermello Corominas Observar a esquerda e a mobilización social dos anos sesenta enseguida nos leva a proxectar a imaxe dos movementos estudantís, do asociacionismo veciñal e das protestas por unhas maiores liberdades e dereitos. Tanto o Maio de 1968 francés como a mobilización da xeración que non viviu a guerra e a represión franquista son rapidamente identificables para calquera de nós. O resto do … Continue reading Outros ventos de cambio

O nacionalismo galego na Transición (I): a situación ao morrer Franco

Brais Ferreiro Ares Con este artigo comezamos unha serie de tres entregas que abordarán de maneira sintética a situación do nacionalismo galego político dende a morte de Franco até o final da Transición. Os partidos nacionalistas no 1975 As organizacións de referencia eran a UPG e o PSG. A primeira era a mellor organizada e a que gozaba de maior implantación. Ela e as súas … Continue reading O nacionalismo galego na Transición (I): a situación ao morrer Franco

Unha historia social e cultural do fenómeno da pirataría: contrabando e violencias no Golfo-Caribe

Rodrigo Alejandro de la O Torres O fenómeno da pirataría foi unha dinámica histórica que deu paso á configuración de experiencias marítimas ao longo do océano Atlántico. Hai que traer a escena outra das dimensións da historia dos corsarios, piratas, filibusteiros e bucaneiros: referímonos ás relacións sociais. No último artigo fixemos unha breve referencia ao carácter social do fenómeno da pirataría. Sobre isto versan as … Continue reading Unha historia social e cultural do fenómeno da pirataría: contrabando e violencias no Golfo-Caribe

Cartografía e nacionalismo: o emprego propagandístico do mapa durante o Franquismo

Manuel Lago Berdeal Fronte ás funcións tradicionais do mapa como instrumento de localización e orientación, os ideólogos nacionalistas potenciaron a súa utilización como un logotipo, como unha “icona nacional”. Este “mapa-logotipo” axiña penetrou no imaxinario popular, converténdose nun medio moi eficaz para difundir, cosificar e visualizar os termos espaciais, a idea de nación. Recentemente, Keplan e Herb sinalaron que a cartografía estivo moi relacionada coa … Continue reading Cartografía e nacionalismo: o emprego propagandístico do mapa durante o Franquismo

Deseño de indumentaria no primeiro período soviético II: as propostas ligadas á nova política económica de 1921

Alicia Losada García No anterior artigo víramos as radicais invencións dos construtivistas, que careceron de éxito non só polo difícil do contexto, senón tamén por non ser do gusto da poboación xeral. Pero, en paralelo a elas, aparece outra liña no estilo de indumentaria, coa aprobación en 1921 da Nova Política Económica, que supón un retroceso na innovación e unha volta á luxosa moda occidental. … Continue reading Deseño de indumentaria no primeiro período soviético II: as propostas ligadas á nova política económica de 1921