Xa está na rúa Mazarelos 5!

Dende hoxe pódese mercar o quinto número de Mazarelos: revista de Historia e Cultura.

Historias, contos e memoria neste novo número que nos axuda a comprender de onde vimos e cara onde imos. Das escavacións do pasado ás restauracións de pasatempos na actualidade. Das agochadas mulleres de pedra nas cidades ás inspiradoras paisaxes de Curtis, Mondoñedo e Lisboa. E todo contado e cantado por Paula e Xurxo, xunto coa capa de Susana Suniaga.

Pódese mercar dende xa na tenda online e para a semana estará nos puntos de venda habituais. Se queres apoiar o proxecto, subscríbete!

Ex oriente lux. Arqueoloxía no berce da civilización – Juan Luís Montero Fenollós
O arqueólogo e profesor da Universidade da Coruña leva 30 anos escavando en Mesopotamia, o berce da civilización. Neste artigo cóntanos a situación da arqueoloxía na zona coa guerra de Siria, as eivas que temos no coñecemento de Oriente Próximo e os actuais proxectos en Palestina.

María Antonia Dans. Pés de foto como poemas – Lois Alcayde Dans
Desta volta adicamos a nosa sección persoeiro a María Antonia Dans, pintora coruñesa. Faino o seu neto Lois Alcayde Dans a través dun formato innovador que mestura os cadros de Maria Antonia cos seus propios poemas.

A vangarda na poesía galega do século XX. Notas sobre algúns poemas de Cunqueiro e Pessoa – Marcos Filgueiras Allegue
Álvaro Cunqueiro e Fernando Pessoa son dúas personaxes senlleiras das letras galegas e portuguesas. Neste artigo explóranse as referencias que os dous tomaron para as súas poesías e como estas se inseriron nunha ampla herdanza cultural.

Entre a devastación e a restauración. A diocese de Tui entre os séculos X e XII – Carlos Quivén Sánchez
O parrochiale suevum marca a configuración do territorio do noroeste peninsular dende o século VI d.C.. Un dos importantes núcleos urbanos da Galicia medieval foi Tui, cun forte poder eclesiástico. Neste artigo fálase das variacións territoriais e de poder da sé tudense entre os séculos X e XIII.

Que pasaría se en lugar dun home houbese unha muller? – Sofía Gutiérrez Pereira e Pablo Sarmiento-Neira
As nosas rúas e prazas están cheas de nomes e estatuas masculinas. Sofía Gutiérrez Pereira e Pablo Sarmiento-Neira analizan as estatuas das nosas cidades, pregúntanse por onde e como son representadas as mulleres e trazan unhas vías de futuro para solucionar isto.

A responsabilidade legal de España co Sáhara Occidental. O novo escenario do conflito dende o dereito internacional – Claudia Orosia Galego Sisto
O Sáhara leva décadas instalado nun conflicto con Marrocos que cada día se recrudece máis. Que ten a ver España en todo isto? Nesta peza abórdase a autodeterminación do Sáhara e a responsabilidade española no conflicto.

Traducindo as loitas das mulleres. A nosa negra de Harriet E. Wildon – Benita Sampedro Vizcaya
En 1982 un profesor de Harvard descubriu a autoría de A Nosa Negra, unha novela escrita a mediados do século XIX. A profesora de estudos colonais Benita Sampedro explora a importancia e vixencia das cuestións de xénero, raza e clase deste relato de Harriet E. Wilson que hoxe tamén podemos ler en galego.

Conversa con Paula Carballeira e Xurxo Souto
Somos divertidos en Galicia? Son os contos ou a música unha cousa pouco seria? Para aclarar estas cuestións quixemos conversar coa conta contos, escritra e actriz Paula Carballeira e co músico e escritor Xurxo Souto. Con eles falamos sobre a tradición oral, os tópicos, a universalidade da cultura galega e da xustiza social que hai nos contos, no contar e no cantar.

A reivindicación do Pasatempo e a historiografía betanceira – Ángel Arcay Barral, Adrián Feijóo Sánchez e Daniel Lucas Teijeiro Mosquera
Betanzos conta cun patrimonio único, o Parque do Pasatempo. Esta xoia de inicios do século XX malvive hoxe en día maltratada. Mais sempre hai esperanza. Un grupo de xovenes da localidade herdan a tradición do coidado da historia da vila e estan a impulsar múltiples iniciativas para salvar e promocionar o Pasatempo.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *