Convocatoria aberta para Revista Mazarelos 6 (outubro-xaneiro)

Mazarelos é unha publicación física e dixital que recibe artigos orixinais vencellados á Historia, ás Humanidades e ás Ciencias Sociais en galego. Cada novo número agrupa un texto referido a un persoeiro, catro artigo de investigación e unha entrevista. Ademais, a revista pode incluir poemas, recensións de libros e reportaxes de actualidade.

Invitamos á comunidade a enviar propostas de artigos para o número 6 de Mazarelos: Revista de Historia e Cultura (outubro-xaneiro). A data límite para a recepción de todo tipo de artigos é o 7 de xullo.

Para ampliar a información sobre a convocatoria podes ver as normas de publicación e os liñamentos editoriais.

Para calquera outra dúbida, podes poñerte en contacto connosco vía correo electrónico a revista@mazarelos.gal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *