Convocatoria aberta para a Revista Mazarelos 4 (febreiro-maio 2021)

Invitamos á comunidade a enviar propostas de artigos para o número 4 de Mazarelos: Revista de Historia e cultura (febreiro-maio 2021). Mazarelos é unha publicación física e dixital que recibe artigos orixinais vencellados á Historia, ás Humanidades e ás Ciencias Sociais en galego.

Cada novo número agrupa un texto referido a un persoeiro, catro artigos de investigación e unha entrevista. Ademais, a revista pode incluir poemas, recensións de libros e reportaxes de actualidade.

A data límite para a recepción de todo tipo de artigos é o 31 de decembro de 2020.

Para ampliar a información sobre a convocatoria podes ver as bases, e para coñecer as normas de publicación tes os liñamentos editoriais.

Para calquera outra dúbida, podes poñerte en contacto connosco vía correo electrónico: revista@mazarelos.gal. Tamén podes descargar o cartaz da convocatoria aquí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *