A quen lle importa o Ramón de Carranza?

Roque Sanfiz Arias

Jordi Martí: Al margen de la discusión sobre el nombre, que ellos tienen toda la capacidad para decidir que nombre le van a poner, déjame aplaudir esta iniciativa. La Ley de Memoria Histórica es un anhelo de hace muchos años, Yago, y me parece que hay que aplaudir la determinación para retirar de toda España cualquier símbolo que honre, distinga o ensalze a golpistas y a represores. No voy a entrar en el debate, pero sí aplaudir el coraje y la determinación para cumplir la Ley de memoria histórica pese a quien le pese.

Antonio Romero: Yo estuve 24 horas haciendo el otro día el partido. Estuve en la playa de la Victoria, estaba la gente a 30ºC en las terrazas, tomando salmorejo, con un espeto… Por la noche cuando volví del Ramón de Carranza la gente estaba tomando algo… Vi una preocupación por el tema este del cambio de nombre…

Yago de Vega: Sí, ¿verdad?.

Jordi Martí: Pues perdona, Antonio, es lo que opina su ayuntamiento, así son las cosas. Es lo que opinan la mayoría de concejales de su ayuntamiento.

Antonio Romero: No, no. Yo digo que me he tirado 12 días allí y tuve el honor de hacer el primer partido del Cádiz en su regreso a primera y mucho debate no vi. En el pleno y en el ayuntamiento habrá mucho pero en la calle no ví.

Yago de Vega: Yo he estado el 30 y el día del ascenso y (risas), osea la gente… 

Antonio Romero: Jordi, la gente entre camarón y camarón, espeto de sardinas, salmorejo y un doblecito… tenía a la gente preocupada.

Jordi Martí: Antonio, en este asunto no te voy a seguir la broma, discúlpame. Pero si el pleno decide que tiene que ser así, hay que respetarlo.

Antonio Romero: No es ninguna broma, que te digo la verdad. Yo digo que la gente está en otra película, que no está en esta.

El Larguero, 15/9/2020. 

Desta maneira remataba o sanedrín, sección de debate dun dos programas deportivos líderes da Cadena SER, El Larguero. Entre goles, vídeo-arbitraxes e burofaxes falouse da iniciativa do goberno municipal de Cádiz para retirar a denominación do estadio municipal Ramón de Carranza1 .

O actual pleno de Cádiz quere cumprir a Lei de memoria histórica. Para iso, creou unha comisión municipal para a retirada de simboloxía franquista da cidade, incluído o nome do estadio. Mediante un proceso participativo as persoas empadroadas en Cádiz puideron realizar as súas propostas e, unha vez seleccionadas oito, votalas. A oposición tentou poñer paus na roda do proceso sempre que puido. Propuxo nomes como Francisco Franco ou Santiago Abascal e denunciou a falta de legalidade do proceso2 . O procedemento de cambio de nome do estadio está a piques de rematar. A lei de memoria é clara no seu artigo número 15: as mencións conmemorativas deben ser retiradas3 .

Hai quen ve o cambio de nomes de rúas como unha lea política máis: hai cousas máis importantes. É certo, hai moitas cousas máis importantes. Na nosa vida tamén tentamos ocuparnos das cousas máis importantes primeiro, mais non por iso deixamos de facer moitas outras, tamén vitais. Malia as críticas, os nomes dos golpistas van desaparecendo dos rueiros e xa non conmemoran a quen non o merece.

O fútbol, e concretamente o negocio montado arredor del, non quere dar este paso. Os clubs escúdanse na súa suposta neutralidade, mesmo cando falan da súa propia historia. Dende as altas instancias federativas aos programas deportivos parecen non entender que os estadios forman parte das cidades, vilas e pobos.

O deporte é parte do noso mundo, nel socialízanse moitos nenos e nenas e del fálase a todas horas nos bares e na prensa. Por iso non é prudente deixar que os debates arredor do deporte sexan os marcados polo negocio e os seus intereses. É preciso pensarmos sobre o papel do deporte na educación, na sociedade, na política e tamén na historia.

Panel da exposición organizada polo Real Club Deportivo por mor do 75 aniversario do Estadio de Riazor. Nun dos paneis recordase un torneo “presidido polo Xeneral Franco” incluíndo unha filmación do ditador no palco.

As implicacións de ser dun equipo son moi fondas en termos de identidade. Os estadios están no conglomerado de símbolos dos seguidores e non é tan sinxelo cambiar aquelo do que as persoas se senten parte. Non importa ter carné ou non, ter ido algunha vez ao campo ou velo dende a televisión a miles de kilómetros, o templo é o mesmo. Kichi sabe ben o complexo que é cambiar un nome. Isto mesmo faino tan necesario.

Provocar que nun faladoiro deportivo de radio de madrugada se fale de memoria democrática, de golpistas, de vítimas pode remover as conciencias de moita xente para quen son alleos estes termos. É preciso defender que o deporte non é alleo ao mundo. Só así evitaremos que a burla e o descoñecemento intencionado sexan o único argumento nos estudios e bancadas.

*Foto de portada: Estadio Ramón de Carranza. Fonte: Wikimediacommons.

Notas ao pé 

  1. O alcalde de Cádiz entre 1948 e 1969, José León De Carranza quixo honrar a seu pai poñendo o seu nome ao estadio que acababa de construír. Ramón de Carranza era íntimo amigo de Queipo de Llano. Tralo 18 de xullo foi nomeado Gobernador Civil polos golpistas, cargo que desempeñou até a súa morte en 1937. []
  2. Desde la oposición, el Partido Popular, se acusa de falta de transparencia al Ayuntamiento y se amenaza con ‘devolver el nombre al estadio Ramón de Carranza cuando volvamos al poder’“. “¿Quién fue Ramón de Carranza y Fernández de la Reguera?”, Diario Marca, 17/9/2020. https://www.marca.com/futbol/cadiz/2020/09/17/5f63451c46163f1db78b45f7.html. “El grupo municipal de Ciudadanos en el Ayuntamiento de Cádiz ha pedido que se paralice el proceso emprendido para cambiar el nombre del Estadio Ramón de Carranza, en fase de votación, porque considera que se trata de una ‘maniobra de divertimento’ del gobierno de José María González, Kichi“. “Cs pide que se paralice el cambio de nombre del estadio Ramón de Carranza”, Andalucía Información, 23/10/2020- https://andaluciainformacion.es/cadiz/927766/cs-pide-que-se-paralice-el-cambio-de-nombre-del-estadio-ramon-de-carranza/ []
  3. Artículo 15. Símbolos y monumentos públicos. 1. Las Administraciones públicas, en el ejercicio de sus competencias, tomarán las medidas oportunas para la retirada de escudos, insignias, placas y otros objetos o menciones conmemorativas de exaltación, personal o colectiva, de la sublevación militar, de la Guerra Civil y de la represión de la Dictadura. Entre estas medidas podrá incluirse la retirada de subvenciones o ayudas públicas. []

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *