“Temo por unha vitoria demócrata na rúa e outra de Trump no colexio electoral”. Entrevista a Cas Mudde

Cas Mudde é profesor Stanley Wade Shelton UGAF na Escola de Asuntos Públicos e Internacionais (SPIA) na Universidade de Georgia, USA. Tamén é Professor II, no Centro para a Investigación do Extremismo (C-REX) na Universidade de Oslo en Noruega. Recentemente publicou os seguintes libros: The Far Right Today (Polity, 2019); The Far Right in America (Routledge, 2018); Populism: A Very Short Introduction (Oxford UP, 2017). Actualmente tamén produce o Podcast RADIKAAL.

Cas Mudde. Photo: Aron Urb (EU2017EE)

1. Como cre que o movemento antirracista afectará as eleccións? E o que é máis importante, cómo ve vostede a situación das persoas negras e outras minorías raciais nos Estados Unidos despois das eleccións?

O movemento antirracista, e particularmente Antifa, son o perfecto ‘home do saco’ para Trump e axudarán a motivar e mobilizar unha base xa de por si moi activa. Temo que tampouco fará moito polo bando de Biden, xa que moitas persoas dentro do movemento antirracista e a maioría das que conforman Antifa non apoian a Biden por mor do seu pasado lexislativo que pode ser considerado centrista ou incluso dereitista.

Por desgraza, non creo que os resultados das elección afecten á xente negra en gran medida. Se Trump gaña, a situación será incluso peor non só dende unha perspectiva de Estado, senón principalmente por vía dos seus simpatizantes. A violencia verbal e física contra a xente negra aumentou expoñencialmente dende a victoria de Trump en 2016 e non mellorará. Se Biden gaña, haberá algunha melloría, mais probablemente estas mellorías favorecerán á pequena clase media negra e non ao xeral da poboación negra.

2. E que sucede co voto femenino? É beneficioso para Biden concurrir xunto con unha candidata a Vicepresidenta muller?

Si, non teren escollido unha candidata a Vicepresidenta muller tería sido negativo para a súa candidatura. Biden xa é favorito entre as mulleres, incluso entre as mulleres brancas. Harris -candidata demócrata á Vicepresidencia- pode axudar a mobilizar o voto feminino negro, o cal foi moi importante nas elección de medio término de 2018.

3. A xestión da pandemia da COVID-19 por parte do Presidente Trump ten sido canto menos errática e moi controvertida. Chegando até o punto de desacreditar públicamente non só á OMS se non tamén ao principal conselleiro médico do seu goberno, o Dr. Fauci. Cre que esta circunstancia pode ter algún impacto nas súas opción de ser relexido?

Semella que a súa xestión fíxolle perder unha parte da base republicana máis incondicional, a terceira idade blanca, pero debemos agardar e ver que sucede. Moita xente nos Estados Unidos parece ter pasado páxina no referente á situación sanitaria relacionada coa COVID-19 e a principal preocupación agora é a economía. Se as previsións económicas melloran significativamente, incluso estes votantes poderían voltar a confiar en Trump.

Vota agora. IG: @glencarrie. Free use.

4. Cales serían as consecuencias da victoria de cada un dos candidatos para a política internacional?

Se Trump gaña, case tódalas principais estruturas internacionais e supranacionais debilitaranse e poden crearse estruturas alternativas tanto dentro como fóra das anteriores. En particular, parece que este pode ser o caso da OTAN, xa que outro mandato de Trump poñería sobre a mesa a necesidade dos países europeos de crear unha estructura de defensa propia, independente dos Estados Unidos. As Nacións Unidas, por outra banda, xa se atopan debilitadas, mais recortes na aportación económica dos Estados Unidos podería poñer en risco moitas das súas organizacións. Por outra parte, a Organización Mundial do Comercio enfatizaría a colaboración entre China e o resto de Occidente

Se gaña Biden, representaría un retorno á era Obama nun mundo (occidental) menos confiante. Biden involucraría máis aos Estados Unidos en políticas mundiais pero centraríase máis en Asia e menos en Europa. Sería máis crítico con Rusia e, probablemente, con democracias aliberais coma Hungría ou Turquía.

5. Cal sería, na súa opinión, o elemento máis positivo de unha victoria do ‘ticket’ Biden-Harris? E dunha reelección de Trump?

O máis positivo dunha victoria de Biden-Harris é o desaloxo de Trump – asumindo que acepte a derrota e abandone a Casa Branca voluntariamente- e o feito de que a democracia liberal estaría salvada. Todo o demáis é secundario. Agardo un impulso significativo para fortalecer os mecanismo democráticos baixo o mandato da vicepresidenta Harris. Por exemplo, reformas estruturais que debiliten os intentos de supresión de votos e gerrymandering. Tamén agardaría unha drástica reforma do sistema de xustiza criminal que tería importantes repercusións para a xente negra.

A principal consecuencia positiva dunha reelección de Trump é que non destruiría o sistema democrático liberal nos Estados Unidos. Porén, realmente non hai consecuencias positivas de unha vitoria de Trump.

6. Gardando as distancias, pódese decir que estas eleccións aseméllanse moito ás pasadas: unha incipiente crise económica, un discurso político polarizado, un candidato demócrata cercano ao establishment que todas as enquisas dan como favorito, a sensación de que é imposible que Trump gañe as elección… Tendo isto en conta, cal é a súa predición para as elección do 3 de Novembro?

Eu vivo en Georgia, podo observar o mobilizada que se atopa a base republicana e como o liderado de Biden se debilita. Temo por unha victoria demócrata na rúa e outra de Trump no colexio electoral, con episodios de supresión de votos en moitas zonas do país.

Se Biden gaña, creo que será por unha ampla marxe, gañando tamén o Senado para os demócratas. Esta última é a predición das enquisas neste momento, mais as enquisas son só iso.

 

(Original English version)

1. How do you think that the anti-racist movement will affect the election? And more importantly, how do you see black people and racial minorities situation in the US after the election?

The anti-racist movement, and particularly Antifa, are the perfect bogeyman for Trump and will further motivate and mobilize and already highly mobilized base. It won’t do too much for the Biden camp, I fear, as many in the antiracist movement, and most in Antifa, don’t support Biden, because of his centrist and even right-wing legislative past.

Sadly, I don’t think the election outcome will affect people of color too much. If Trump wins, it will be even worse, not just from the state, but mainly from his supporters. Verbal and physical violence against people of color has skyrocketed since Trump victory in 2016 and it won’t get better. If Biden wins, there will be some improvements, although probably more for the small Black middle class than the larger Black population.

2. And what about women, what is your prediction about feminine vote? Will Biden benefit for running alongside a female VP candidate?

Yes, in the sense that if he would not have chosen a female VP candidate, it would have harmed him. But Biden is already a favorite with women, even now with white women. Harris might help mobilize the Black female vote, which has been very important in the 2018 Midterms.

3. The management of the COVID-19 pandemic by President Trump has been erratic and very much controversial. He publicly discredited not only WHO but his own main advisor on the issue Dr. Fauci. Do you think this will have any impact on his chances to be re-elected?

It looks like it has lost him some of the staunchest Republican base, old white people, but we will have to wait and see. Many people in the US have moved on from Covid-19 and are more concerned about the economy. If the economy picks up, significantlty, even these voters could return to Trump.

4. How will international politics look in the face of the victory of each candidate?

If Trump wins, almost all major international and supranational organizations will weaken and alternative structures, within and outside of them, might be created. This is most notably the case for NATO, as another term of Trump will make it clear that Europeans need to create an own defence structure, independent from the US. The UN is already weak, but defunding by the US could significantly hamper the operation of many of its organizations. And the WTO will see more collaboration between China and the rest of the West.

If Biden wins, we go largely back to the Obama era, but with a less trusting (western) world. Biden will make the US more active in world politics, but will focus more on Asia and less on Europe. He will be more critical towards Russia and, probably, illiberal democracies like Hungary and Turkey.

5. What would be, in your opinion the best positive outcome from a victory of the Biden-Harris ticket? And from a Trump re-election?

The best outcome of a Biden-Harris victory is that Trump will be stopped – assuming he accepts the defeat and will leave the White House – and liberal democracy will be saved. Everything else is secondary. I hope for a significant impulse to strengthen democracy under VP Harris, i.e. structural reforms that weaken voter suppression and gerrymandering, as well as serious criminal justice reform, which will have major consequences for people of color.

The best “positive” outcome from a Trump re-election is that he does not destroy the liberal democratic system in the US. But really, there are no upsides to a Trump victory.

6. Keeping the distances, one may find many resemblances between this and the last US election: an incipient economic crisis, a polarized discourse, a democrat candidate close to the establishment with an early lead on the polls, the feeling that Trump will certainly not win the election… Considering it all, can you give us your prediction?

I live in Georgia, and see how fired up the Republican base is, and how Biden’s lead is slinking. I fear another popular victory for the Democrats and an Electoral College win for Trump – with many instances of voter suppression across the country.

Should Biden win, I think it will be in a landslide, which will also bring the Senate to the Democrats. This is pretty much where many polls are now, but polls are polls.

 

 

*Foto de Portada. “Red, white and blue”. IG: @lukemichael. Free use. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *