“Hoxe en día a meritocracia non existe”. Entrevista a Aarti Iyer

Biografía

A doutora Aarti Iyer é actualmente Profesora en Psicoloxía Social na Universidade de Sheffield (Reino Unido). A súa investigación estuda as respostas individuais e institucionais á inequidade e á inxustiza, temas sobre os que ten publicado máis de 50 artigos académicos. Aarti é a Responsable de Afiliacións da rede de traballadores universitarios ‘BAME’ (Negros, Asiáticos e outras Minorías Raciais). Durante a obtención do seu doutoramento, foi vicepresidenta da sección local 2865 do UAW (United Auto Workers), un sindicato que representa a 11000 estudantes e académicos da Universidade de California.

1. As protestas anti-racistas nos Estados Unidos son o centro de atención, incluso durante unha pandemia. Que opinas do movemento? Achégamonos ao final do látego racista?

É importante lembrar que a loita contra o racismo nos Estados Unidos non xurdiu repentinamente durante a pandemia: o movemento antiracista leva en marcha máis de 100 anos. Durante os 25 derradeiros ten habido protestas contra a violencia policial cara as persoas negras con regularidade, en concreto dende o acto de brutalidade policial do que foi vítima Rodney King no 1995. O movemento Black Lives Matter xurdiu no ano 2013 como resposta ao asesinato de Trayvon Martin. Porén, o movemento non acadou apoio popular masivo até 2020 cando George Floyd foi asesinado pola policía. Na actualidade, o movemento Black Lives Matter conta co apoio de boa parte dos adultos estadounidenses, que recoñecen a existencia do racismo na sociedade estadounidense contemporánea.

Todo o anterior semella moi poisitivo, mais temos que recordar que, até o de agora, este apoio ten aportado ‘máis ruido que noces’. Moitos estadounidenses blancos teñen participado nalgunha manifestación a favor da xustiza racial hoxe en día, mercan libros sobre desigualdade racial e intentan aprender como educar ás crianzas para seren anti-racistas. Non obstante, estas accións non supuxeron un apoio xeneralizado a prol de cambios máis sitémicos como poden ser reformas do sistema de xustiza criminal. Isto levou a algúns activistas negros a denunciar o chamado “activismo performativo”, onde o énfase está en accións públicas visibles, pero superficiais, en lugar de tentar crear un cambio social substancial.

(IG: @clay.banks). Imaxe de uso libre.

2. Minorías raciais e relixiosas, mulleres… A loita dos oprimidos contra a opresión semella, como apuntara Marx, o motor principal da Historia e unha loita sen fin. Como fan os prexuizos e discriminacións para adaptarse e sobrevivir despois de cada movemento que semella telo eliminado?

Excelente e difícil pregunta. Académicos de diferentes disciplinas teñen tentado respostar esta cuestión dende fai moito tempo! Dende unha perspectiva psicosocial, creo que hai dous elementos principais que traballan habilitando a supervivencia do prexuízo. En primeiro lugar, co paso do tempo o prexuízo voltouse máis sutil e, polo tanto, resulta máis difícil identificalo e elimínalo. Históricamente, o prexuízo foi aberto e directo (dende o apoio a estereotipos explícitamente negativos a crimes de odio) o que facía máis sinxelo calificar estas condutas de inxustas. Porén, o prexuízo e a discriminación voltáronse progresivamente máis indirectos e sutís, facendo a súa detección máis difícil. Por exemplo, como pode unha muller saber con certeza por que non foi seleccionada para unha promoción laboral? A razón oficial estará sempre baseada na falta de experiencia, ou na falta de encaixe co novo posto, tornando moi difícil determinar a ciencia certa se os prexuízos de xénero xogaron un papel na decisión. Até que a sociedade aprenda a detectar forma máis sutís de prexuízo e discriminación será moi difícil facer que desaparezan.

(IG: @nate_dumlao). Imaxe de uso libre.

O segundo elemento que mantén o prexuízo ten que ver coa distinción entre os síntomas e as causas. Incluso se un movemento social acada nun momento dado o seu obxectivo de ilegalizar a discriminación (como poden ser acción sesgadas que desfavorecen a certos grupos) isto non elimina necesariamente o prexuízo na sociedade (a visión negativa que se ten dese grupo). Existen diferentes causas psicosociais para a existencia dos prexuízos, por nomear dous exemplos: as crenzas de ameaza realista (a percepción de que o outro grupo compite e trata de obter recursos materiais como empregos ou riqueza) e as crenzas de amenaza simbólica (a visión de que o outro grupo é unha ameaza para o actual sistema de valores e tradicións). Até que cambiemos sistemáticamente estas crenzas, o prexuízo seguirá a existir.

3.Dentro destes movementos sociais algunhas persoas comezaron a cuestionarse disciplinas como a Historia. As imaxes de multitudes derribando estatuas ou os máis recentes renomes de prazas e rúas están á orde do día. Que opinas do movemento revisionista que esixe eliminar a memoria das figuras colonialistas?

(IG: @theeastlondonphotographer). Imaxe de uso libre.

Debemos lembrar que o movemento revisionista, polo xeral, non demanda que estas memorias sexan eliminadas por completo. Máis ben, defenden que as figuras colonialistas non deberían ter presenza no espazo público como representación de símbolos de unidade, xa que de facto representan unha historia negativa para moitos grupos sociais. Segundo teño entendido, a proposta é que as estatuas de figuras controvertidas pasen a ser expostas en museos, onde poden ser contextualizadas con información adicional que sitúe a estas figuras e que ofreza unha compilación dos seus logros enmarcada no sufrimento derivado do seu rol colonial. Deste xeito, a memoria non é elimininada senón que estas figuras preséntanse de forma máis detallada e contextualizada, recoñecendo os aspectos postivos e negativos das súas accións.

4. E como pode a psicoloxía social axudarnos a acadar esa sociedade igualitaria desexada?

Outra pregunta difícil que tentarei respostar! Creo que os psicólogos sociais poden axudar ofrecendo teoría e investigación empírica que axude a comprender como os sistemas de inequidade se desenvolven (ex. Identificando as causas do prexuízo); como estes sistemas se manteñen (ex. Identificando como estes prexuízos pasan a formar parte das políticas e procedementos institucionais: como a xente racionaliza e xustifica as crenzas e prexuízos que manteñen a inequidade; como a discriminación evoluciona para ser expresada de modo sutil) e por último como estes sistemas poden ser desafiados (cales son os predictores das actitudes e comportamentos políticos das persoas).

5. O sistema neoliberal asegura ser unha meritocracia na que os máis capaces prosperan independentemente das súas condicións sociais. É unha idea válida nunha sociedade onde existe discrimación contra certos grupos pola súa etnica, xénero, orientación sexual ou clase social?

A meritocracia funciona únicamente cando todo o mundo ten unha igual oportunidade de ter éxito sempre e cando teñan o talento relevante para a súa área e estén dispostos a traballar o suficiente, sen importar a súa procedencia e pertenza grupal (etnia, xénero, orientación sexual, clase social…). Cando existen sistemas de inequidade, plantéanse barreiras aos individuos baseadas en dita procedencia grupal. Como falamos, estas barreiras son a miudo sutís ou invisibles, mais actúan tornando moi difícil para os membros de grupos de baixo estatus ter éxito de forma consistente, a pesar de sempre existiren excepcións. O problema engadido é que estas excepcións utilízanse como evidencia de que o sistema meritocrático funciona.

(IG: @munshots). Imaxe de uso libre.

Personalmente, estou convencida da existencia da inequidade estrutural da sociedade grazas ás evidencias; coido que a meritocracia non existe hoxe en día. Porén, algunha xente difire; pensan que a inequidade estructural non existe na sociedade ou que os obstáculos que presenta poden ser superados por aquelas persoas con talento e traballadoras. Este é un debate público ao que a psicoloxía social (e as ciencias sociais en xeral) poden contribuir ofrecendo evidencia científica. Porén, na actualidade, o reto é facer que a xente considere a evidenci, en lugar de descartala alegando que se trata de fake news.

6. Tanto na investigación en Psicoloxía Social coma no discurso público cada vez se pon máis énfase no papel dos aliados (xente que pertence ao grupo maioritario e que simpatiza coas minorías discriminadas). Cal é o modo máis axeitado que teñen estas persoas para apoiar os distintos movementos dende a súa posición privilexiada?

A nosa investigación amosa que cando os aliados toman parte visible e gañan posicións de influencia e liderado, desincentívase a participación nos movementos dos propios membros dos grupos de baixo status. Polo tanto, é moi importante que os aliados sexan conscientes dos privilexios e o poder que ostentan, e que fagan todo o posible para non marxinalizar e expulsar aos membros do grupo discriminado. Aquí deixo dúas recomendación sobre que poden facer os aliados para apoiar os movementos pola xustiza social: 1) buscar aprender sobre os membros dos grupos de baixo status e 2) xogar un papel de apoio en calquera movemento de xustiza social, afastándose dos roles de liderado.

 

*Foto de portada: London Black Lives Matter Peaceful Protest from Vauxhall to Westminster. (IG: @theeastlondonphotographer). Imaxe de uso libre.

Biography

Dr. Aarti Iyer is a Reader in Social Psychology at the University of Sheffield (UK). Her research investigates individual and institutional responses to inequality and injustice, with nearly 50 papers on these topics. Aarti is the Membership Officer for the university’s BAME (Black, Asian, and other Minority Ethnic) Staff Network. While Aarti was a PhD student, she was Vice President of UAW Local 2865, the labour union representing 11,000 academic student employees at the University of California.

1. U.S. anti-racist protests are the focus of media attention even during a pandemic. What is your impression of the movement? Are we nearing the end of the scourge of racism?

It is important to remember that the fight against racism in the United States did not suddenly emerge during the pandemic: the anti-racist movement has been ongoing for more than 100 years. Over past 25 years people have regularly protested police violence against Black people, since the brutal police beating of Rodney King in 1995. The Black Lives Matter movement originated in 2013, in response to the killing of Trayvon Martin. But the movement did not pick up mass popular support until 2020, after George Floyd was killed by the police. The Black Lives Matter movement is now supported by the majority of U.S. adults, who also acknowledge the existence of racism in contemporary American society.

All this seems very positive. But we have to remember that, so far, the support has basically been “a mile wide and an inch deep.” Many White Americans have now attended racial justice protests, bought books about racial inequality, and are learning about how to raise anti-racist children. But these actions have not translated into wide-spread support for more systemic changes, such as reforms to the criminal justice system. This has led some Black activists to speak out against “performative activism,” where the emphasis is on public actions that may be quite superficial, rather than trying to create substantial social change.

2. Racial and religious minorities, women … The struggle of the oppressed against oppression seems, as Marx pointed out, the main engine of history and an endless struggle. How does prejudice/discrimination adapt and survive after each movement that seeks to eliminate it?

This is an excellent question and a difficult one – scholars in many disciplines have been the trying to answer it for a long time! From a social psychology perspective, I think there are two issues at work. First, the nature of prejudice/discrimination has become more subtle over time and so it becomes harder for us to identify and eliminate. Historically prejudice has been direct and overt (e.g., violent hate crimes, endorsing explicitly negative stereotypes) and thus has been more easy to identify as unfair.  Increasingly, however, prejudice/discrimination is indirect and subtle, and thus can be harder to identify. How does a woman know, for example, exactly why she was not selected for a promotion? The official feedback will give a reason based on experience or expertise or “fit” for the job, and so it is hard to determine exactly how gender bias might have played a role. Until society gets better at identifying more subtle forms of prejudice/discrimination, it will be hard to eliminate it.

The second issue concerns the distinction between symptoms and causes. While a social movement may achieve its aims of making discrimination (i.e., acts of bias against a particular group) illegal, this does not necessarily eliminate the prejudice (i.e., the negative views of that group). There are various underlying reasons for prejudice, such as beliefs about realistic threat (the view that another group is seeking to obtain material resources, such as jobs and wealth) and symbolic threat (the view that another group is trying to overthrow the current system of values and traditions), to name just two examples. Until we systematically change these underlying views, the prejudice will continue to be expressed.

3. Within these social movements some people have started to question question disciplines such as History. Images of crowds tearing down statues or the most recent renaming of squares or streets are up to date. What do you think of the revisionist movement demanding the elimination of the memory of colonialist figures?

One thing to remember is that the revisionist movement does not typically demand that these memories be eliminated entirely. Rather, they argue that these colonialist figures should not be publicly celebrated as unifying symbols, because they actually represent a negative story for many groups of people. As far as I understand, the proposal is that such controversial statues should be placed in museums, where additional information can be provided to situate these people’s achievements in the context of the harm done by their colonial positioning. In this way, the memory is not erased, but instad is presented in a more nuanced way with acknowledgement of both the negative and positive aspects of their actions.

4. And how can Social Psychology help us achieve that desired egalitarian society?

Answer: Another hard question, but I will offer an answer! I think social psychologists can help by offering theory and research to understand how systems of inequality are developed (e.g., identifying the underlying causes of prejudice); how these systems are maintained (e.g., identifying how prejudice becomes part of institutional policies and procedures; how people develop justifications or rationales to maintain inequality; how discrimination can be expressed in subtle ways); and how these systems can be challenged (e.g., what are the predictors of people’s political attitudes and political behaviours).

5. The neoliberal system argues to be a meritocracy in which the most able thrive regardless of their personal conditionings. Is this a valid idea in a society where there is discrimination against certain groups because of their ethnicity, gender, sexual orientation or social class?

Meritocracy works when everyone has an equal opportunity to succeed as long as they have the relevant talent and have done the hard work, regardless of their group background (e.g., ethnicity, gender, sexual orientation, social class). When systems of inequality exist, they pose barriers to individuals based on their group background. These barriers are often subtle or invisible, but nevertheless they make it very hard for members of lower status groups to consistently succeed– though of course there are always exceptions. And these exceptions are held up as evidence that meritocracy works.

I personally am persuaded by the evidence that structural inequality exists in society, and thus I do not believe that meritocracy actually exists right now. But there are people who disagree, because they think that structural inequality does not exist in society, or that its obstacles can be overcome by individuals with talent and hard work. This is a topic of ongoing public debate and social psychology (and social science more generally) can offer evidence to inform the discussions. Though in the current climate, the challenge will be to get people to actually consider the evidence, rather than simply dismissing it as “fake news.”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *