Descanso de verán 2020

A etapa 2019-2020 foi moi especial para nós. O proxecto iniciado en xaneiro do ano pasado evolucionou até convertirse nunha revista de historia e cultura; o número de colaboradoras e colaboradores aumento de 16 a 30; e duplicouse a cantidade de artigos publicados na web. Por outra banda, presentamos a revista en diferentes puntos do país: de Ribadavia a Ferrol, pasando pola Coruña e Compostela. Se aínda non a tes contigo, podes adquirila e subscribirte na tenda online que inauguramos este ano.

Se ben co salto o papel conseguimos ampliar o noso público, o método audiovisual abriunos as portas para novas entrevistas e coloquios. Pensamos historicamente a crise da Covid nunha mesa redonda online e coñecimos as propostas culturais e patrimoniais dos principais partidos que aspiraban a presidir a Xunta o pasado 12X.

 Coa chegada do verán coidamos que o mellor será tomar un descanso até setembro co obxectivo de coller máis impulso. Malia todo, seguiremos a actividade nas redes sociais para que non vos olvidedes de nós e poidades darlle unha oportunidade aos artigos que non lérades, así como aqueles que pensades merecen unha segunda lectura. Pechamos esta temporada cunha conferencia na Fundaçom Artábria, cunha palestra sobre o recrutamento de soldados polo exército franquista.

Volveremos con folgos renovados en setembro e con máis artigos inéditos. Pasa bo verán, cóidate, e  como non, subscríbete! Carga ben as pilas como faremos nós, que queda Mazarelos para rato.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *