O PNV na Lexislatura Constituínte: Actividade parlamentaria no Congreso

Arturo Real López

A chegada ás Cortes: Eleccións Xerais de 1977

O Congreso dos Deputados que levou a cabo o proceso constitucional sairá dos comicios de xuño de 1977, posteriores á Lei da Reforma Política. A lexislatura naceu, en orixe, como reformista, e finalmente foi constituínte, rematando coa promulgación e sanción da Constitución de 19781.  Un dos partidos con presenza na mesma é o Partido Nacionalista Vasco (PNV). Este iniciará a súa presenza institucional na Transición compartindo, durante un breve e tenso tempo, grupo parlamentar co PDC de Jordi Pujol, poida formar o Grupo Parlamentar da Minoría Vasca, que agrupa aos seus 8 deputados.

Os seus resultados superaron os 300.000 votos. O reparto por provincias é en xeral bicéfalo, cun claro predominio nas provincias industriais do norte de Euskadi, Gipúzkoa e Biscaia, mentres que en Araba e Navarra a súa presenza e voto é máis reducido. As causas diso pódense buscar na falta de asentamento social do nacionalismo nestas rexións, onde a influencia do conservadorismo de corte centralista é maior; e tamén ao forte sentimento en sectores da sociedade navarra, contrarios a ningún tipo de absorción ou unificación nun conglomerado nacional vasco2. En todo caso, é unha formación que no momento está renovada, e se retrata como unha forza política “vasca, democrática, popular y de masas, aconfesional y abierta”3.

En todo caso, son unha forza vehicular importante no período, o cal levará a que sexan incluídos nas principais comisións parlamentarias, incluíndo a Comisión Constitucional. Neste órgano terá asento o deputado Xabier Arzallus, que cada vez irá tomando máis relevancia dada a súa autonomía de actuación, o seu prestixio no partido pola súa militancia de base, e pola vellez do líder do grupo parlamentar, Ajuriaguerra (conselleiro autonómico na IIª República), que delega nel a portavocía. O control do discurso do partido queda, nesta lexislatura, nas súas mans.

A Constitución de 1978 e o PNV: Camiños contrapostos

O PNV é a principal formación política antifranquista que non pediu o voto a favor da Constitución de 1978, o cal se pode explicar por diversos motivos. A vinculación do PNV co goberno vasco no exilio de Leizaola, que non era recoñecido, era un hándicap moi negativo á hora de negociar. Pero xunto a iso pesou un forte senso de “real-politik” pola súa parte, que permitiu acordos circunstanciais que consolidaron a súa posición. Deixábao claro Arzalluz ante o Pleno do Congreso: “La razón de nuestra presencia en estas Cámaras es fundamental la recuperación de nuestra personalidad política”4; xunto coa defensa da realización dunha amnistía xeral dos presos do Estado, constante xa dende o Alderdi Eguna do partido de marzo de 1977, o primeiro que celebran legalizados dende a IIª República, en Iruña. En abril do 78, tamén no Congreso, Arzallus desenrola:

Nosotros, preconizamos constantemente la llamada ruptura democrática; es decir, la sustitución de las instituciones autocráticas asentadas durante cuarenta largos años en el país, por otras democráticas. El que esa ruptura en vez de ser a un tiempo haya ido progresando en forma evolutiva, pacifica (…), aunque demorando, la democratización profunda del mismo es mérito de todos los ciudadanos, de las fuerzas políticas y sindicales que han sabido tenderse la mano para colaborar en lo fundamental5.

 

“Congregación de membros do PNV no polideportivo Anaitasuna de Iruña, durante a celebración do Alderdi Eguna, en marzo de 1977”. Extraído do blogue de Iñaki Anasagasti: https://ianasagasti.blogs.com/files/182.16-fotos-glosadas-n%C2%BA-293-12.02.pdf

A lenta transferencia de competencias que unha dispersa UCD foi cedendo permitirá que o PNV non se incline cara o “non” a unha Constitución na que non tivo voz. Pero non é suficiente para garantir o apoio do partido nacionalista. Os pactos da formación centrista co PSOE e con AP, ameazando atribucións autonómicas, xunto coa falta de comunicación destes coas outras forzas parlamentarias; levaron ao PNV á abstención. Algunhas das reformas máis polémicas do partido no resto do país, como a posibilidade de reeditar un “pacto foral” coa Coroa, quedan desbotadas sen lugar a debate. A postura final do PNV pode quedar clara con esta intervención do portavoz Arzalluz, relacionada coas posturas dos diversos nacionalismos:

Si a los que nos llamamos nacionalistas (…), los que pedimos una autonomía a partir de nuestros derechos históricos, se nos echa la sospecha y el recelo de secesionismo; desde nuestra óptica de pueblo (…) lanzamos también el recelo y la sospecha de que muchas veces, detrás de ese concepto de unidad, de nación y de Estado, está el unitarismo uniformador que niega el pan y la sal a la personalidad de estos pueblos”

Conclusións

Os deputados do PNV no Congreso, e no Senado, serán das forzas parlamentarias que propugnarán a abstención no Referendo Constitucional, debido ao seu bloqueo e falta de capacidade negociadora no proceso. Foi unha situación á que se chegou tanto pola súa confusión negociadora inicial; como pola distribución de espazos de negociación creados polas forzas hexemónicas a nivel nacional, nomeadamente o goberno Suárez. A situación foise revertendo a partir da consolidación do diálogo cos entes autónomos vascos, nomeadamente o Consejo. A intención do PNV de 1977, despois do Alderdi Eguna de marzo en Iruña, era lograr ser unha forza hexemónica no seu territorio, e consolidar o proceso de recuperación da autonomía. O cadro político saído dos comicios de xuño dese ano impediu crear un monopolio político para esta formación, que dende entón desenrolou unha política de pactos e pragmatismo para apuntalar o seu poder rexional. Viviu dificultades dentro do proceso constitucional, pero tamén demostrou a súa capacidade de convencemento social neses feitos, e o consolidou como peza clave do entramado parlamentario e institucional da España en Transición.

*A foto de portada amosa aos parlamentarios electos do PNV tras as eleccións de xuño de 1977 acoden á Arbore de Gernika”. Extraído do blogue de Iñaki Anasagasti: https://ianasagasti.blogs.com/.a/6a00d8341bf85353ef015393c81a43970b-pi

Bibliografía

Xabier ARZALLUZ: Así fue, Madrid, Foca, 2005.

Mario CACIAGLI: Elecciones y partidos en la transición española. Madrid, CIS, 1986.

Diario de sesiones del Congreso de los Diputados (Legislatura Constituyente). Madrid, Cortes Generales: Nº 1-147 [Junio 1977-Enero 1979].

Miguel Ángel GIMÉNEZ MARTÍNEZ: “Las Cortes durante la Transición”, en Rafael QUIROSA-CHEYROUZE y Mónica FERNÁNDEZ (Coords.): Poder y transición local, Madrid, Biblioteca Nueva, 2017: pp. 117-134.

Juan Manuel IDOYAGA: “El PNV, por la amnistía total”, Diario 16, 28 de marzo de 1977, s. p. [Extraído de https://linz.march.es/Ficha.asp?Reg=R-68529].

Notas ao pé

  1. Véxase ao respecto a Giménez Martínez, 2017: pp. 123-138. []
  2. Caciagli, 1986: p. 64. []
  3. Idoyaga, 1977: s. p. []
  4. Diario de Sesiones del Congreso de los Diputados (27/07/1977): p. 85. []
  5. Ídem (05/04/1978): p. 1288. []

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *