Presentación Revista Mazarelos

O vindeiro xoves 16 de xaneiro terá lugar a presentación do primeiro número da Revista Mazarelos. Neste acto explicaremos o noso proxecto e intervirán Lourenzo Fernández Prieto, Ana Suárez e Valentín Gómez para darnos a súa visión da revista.

O acto levarase a cabo no Salón de Actos da Facultade de Filosofía, na Praza de Mazarelos ás 20.00h.

Alí poderedes mercar a revista e subscribirvos para os próximos números, vémonos alí!

Todas aquelas persoas que comprasen o número a través do Crowdfunding poderán do mesmo xeito recoller o seu número neste acto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *