Sorteo dun lote de Nadal!

Aproveitando as datas do Nadal e o peche do ano 2019, o ano das letras de Antonio Fraguas, traemos outro sorteo a Mazarelos. Desta volta trátase de dous lotes de libros e xogos de cartas que serán para duas persoas escollidas ao chou, unha entre as participantes no Facebook e outra entre as participantes no Twitter.

Os dous lotes conteñen:

Participar é ben sinxelo e pode facerse de dúas maneiras:

Facebook: gostar da nosa páxina, compartir a publicación do sorteo e mencionar a dúas persoas nos comentarios.

Twitter: seguirnos, rechouchiar o chío do sorteo, e mencionar a dúas persoas no fío.

Participa nas dúas redes sociais e duplica as túas posibilidades!

O prazo remata o día 5 de xaneiro de 2020 ás 23:59 e anunciaremos os resultados ó día seguinte, usando unha ferramenta que escolle ao chou entre quen cumpla os requisitos.

Como anunciamos nas nosas redes sociais, os gañadores foron Adrián Blanco Para no Facebook e @Maruxa8972 no Twitter.

 

Temos que dar as grazas á editorial Pasado e Presente, a Urco editora e á Secretaría Xeral de Política Lingüística pola cesión dos exemplares e, por suposto, moitas grazas a vos por participar. Moita sorte!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *