Normas de publicación

En Mazarelos estamos abertos á recepción de artigos orixinais dende a Historia ou outras ciencias sociais, sen limitacións nin preferencias temáticas ou cronolóxicas. Tan só debes mandarnos o artigo cumprindo as seguintes características formais. En caso de que dubides se a temática é adecuada ou non, consulta a través de correo electrónico e dende o equipo de redacción daremos unha resposta.

Recepción

O envío de artigos farase directamente ao correo electrónico revista@mazarelos.gal, especificando no asunto “Proposta artigo Revista Mazarelos”. No email deben adxuntarse os seguintes arquivos:

  • Artigo en formato .doc, .docx ou .odt. Texto con interlineado de 1.5 e tamaño 12. Notas ao pé de páxina e bibliografía adecuadas aos criterios formais de Mazarelos.
  • Imaxes. Deben introducirse un mínimo de dúas imaxes, co correspondente pé de imaxe indicando unha breve descripción e a procedencia da imaxe. É preciso indicar no texto o lugar onde queres que vaian as imaxes. As imaxes deben ser enviadas no formato de maior resolución posible, para facilitar a súa maquetación, e en arquivos separados adxuntos ao correo electrónico.
  • Breve texto biográfico. Debes adxuntar un breve texto biográfico de non mais de 100 palabras e nun documento aparte. Indicanos o lugar de procedencia, o ano de nacemento e unha breve síntese dos teus estudos ou áreas de investigación de interese.

Evaluación

Unha vez comprobado o cumprimento dos aspectos formais, o equipo de edición fará unha valoración da pertinencia de publicación e en caso de ser positiva pasará a ser enviado para a súa corrección a dous expertos na temática propia do artigo, seguindo o sistema de pares cegos.

 

Equipo Editorial

Forman parte do noso equipo editorial: