Comunicado conxunto – Ab Origine e Mazarelos

Tras uns primeiros contactos durante este outono, representantes da revista dixital de divulgación histórica en català, Ab Origine, e o proxecto para a divulgación histórica en galego, Mazarelos, reuníromonos para compartir inquedanzas e experiencias dos nosos proxectos. Finalmente, ambas organizacións decidimos colaborar de agora en adiante. Ab Origine é unha revista creada en maio do 2015 por un grupo de recentes graduados en historia. A … Continue reading Comunicado conxunto – Ab Origine e Mazarelos

Sticky post

Sorteo de tres exemplares de “Castelao. Construtor da nación”.

Como sabedes, estamos a facer unha campaña para poder publicar a Revista Mazarelos. Hoxe queremos anunciar que no primeiro número contaremos cunha entrevista conxunta a Miguel Anxo Seixas Seoane, autor de «Castelao. Construtor da nación», e Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela e director de Miguel Anxo na súa tese «Alfonso Daniel Manuel Rodríguez “Castelao”: biografía dun construtor … Continue reading Sorteo de tres exemplares de “Castelao. Construtor da nación”.

Descanso de verán

Foron seis meses inesperados. Comezamos coa idea de formalizar un blog onde subir todos eses traballos que quedaban no tinteiro. O proxecto comezou a formalizarse e cada vez recibimos máis apoio. As redes respaldaron o formato, e as colaboracións aumentaron. Artigos doutras disciplinas complementaron a nosa intención transversal e, para a nosa sorpresa, interesou e tivemos quen nos lera. Incluso quen nos entrevistara. Hoxe podemos … Continue reading Descanso de verán

Máis letras e máis Mazarelos

Mazarelos comezou como un proxecto multidisciplinar e aberto a distintos soportes mais dende o comezo quixemos que os nosos escritos e iniciativas servisen para normalizar o uso da nosa lingua. Temos claro de onde vimos e a onde imos, apostando polo Galego como compañeiro de viaxe. Na nosa convivencia coa universidade experimentamos a situación de diglosia que sofre o galego nas aulas. Na Universidade de … Continue reading Máis letras e máis Mazarelos

SORTEO! Dous exemplares de “A Patria Enteira. Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández”

Estamos a piques de chegar ao noso primeiro mes de vida e queremos festexalo devolvendo o apoio que recibimos. O noso xeito de contribuír á difusión histórica é a través deste portal… mais non seríamos nada sen libros. Grazas á axuda de Pilar Cagiao Vila, directora do departamento de Historia de América da USC, ao departamento de Historia Contemporánea e ao grupo de investigación HISTAGRA … Continue reading SORTEO! Dous exemplares de “A Patria Enteira. Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández”