Do lenzo á pantalla

Menalia Yáñez Basanta En Bioloxía defínese o termo “simbiose” coma unha relación permanente entre dous seres vivos que levan unha vida en común e da cal, polo menos un dos dous, obtén algún tipo de beneficio. Este proceso evolutivo foi unha parte esencial para a vida e podemos atopalo en organismos coma, por exemplo, as avésporas e as follas da figueira. Con este plantexamento non … Continue reading Do lenzo á pantalla

Juan Orol, ‘o Ed Wood galego’ en México.

Miguel Rodríguez Martínez Aquel home nado en Lalín que desempeñou oficios como o de mecánico, boxeador, xogador de béisbol, toureiro, axente secreto da policía mexicana e o que finalmente nos incumbe: actor, productor, guionista e director de cine. Ese foi Juan Orol (1893-1988), coñecido pola súa realización de filmes de baixo custo, calidade e, en moitos casos, coherencia. Mais, estase sendo inxusto con Juan Orol? … Continue reading Juan Orol, ‘o Ed Wood galego’ en México.

A Segunda Guerra Mundial no cine soviético (III)

Roque Sanfiz Arias En 1962 o novel director soviético Andrei Tarkovski estreou A infancia de Iván (Ivanovo detstvo). Considerada como unha das mellores creacións do cine soviético, destaca o seu tratamento da fotografía que pretende trasladarnos á fronte de guerra. Non é propiamente cine bélico senón que ten un compoñente de cine de terror, mostrando o lado escuro que viviu quen loitou. Iván é un rapaz … Continue reading A Segunda Guerra Mundial no cine soviético (III)

A Segunda Guerra Mundial no cine soviético (II)

Roque Sanfiz Arias Trala morte de Stalin en 1953, Khrushchev chegou ao poder e comezou un proceso de desestalinización. A industria cinematográfica fora un dos ámbitos onde se enxalzara a personalidade de Stalin. A viraxe de timón de Khrushchev reduciu o control sobre o cine e o número de producións dentro da Unión Soviética medrou. O chamado período do ‘desxeo’ permitiu aos directores tomarse maiores … Continue reading A Segunda Guerra Mundial no cine soviético (II)

A Segunda Guerra Mundial no cine soviético (I)

A Segunda Guerra Mundial é un tema tratado dende ben pronto na gran pantalla e con percorrido ate hoxe. Nós estamos familiarizados cunha narrativa debedora da visión occidental do conflito. Menos coñecida é a visión que se proxectou no cinema soviético da Gran Guerra Patriótica, nome polo que coñecen por aquelas latitudes á Segunda Guerra Mundial. Inauguramos con este unha serie de tres artigos nos … Continue reading A Segunda Guerra Mundial no cine soviético (I)