Deseño de indumentaria no primeiro período soviético II: as propostas ligadas á nova política económica de 1921

Alicia Losada García No anterior artigo víramos as radicais invencións dos construtivistas, que careceron de éxito non só polo difícil do contexto, senón tamén por non ser do gusto da poboación xeral. Pero, en paralelo a elas, aparece outra liña no estilo de indumentaria, coa aprobación en 1921 da Nova Política Económica, que supón un retroceso na innovación e unha volta á luxosa moda occidental. … Continue reading Deseño de indumentaria no primeiro período soviético II: as propostas ligadas á nova política económica de 1921

A guerra e a violencia como obxecto de estudo: o caso de Joanne Bourke

Alexandre Balboa Cintrón En moitas ocasións a guerra quíxose asociar a unha tensión entre orde e barbarie cando en realidade deberíamos dicir que a guerra e as súas secuelas son unha parte unida ao que entendemos precisamente como civilización, sendo unha forma de violencia tan presente a nós como calquera outra e que, polo tanto, pode ser un obxecto de estudo máis dentro da análise … Continue reading A guerra e a violencia como obxecto de estudo: o caso de Joanne Bourke

A Fundación-Museo Eugenio Granell

Xaquín Bermello Corominas Na praza do Toural, nese corazón da cidade de Santiago que é o seu casco vello, érguese impoñente e impasible o Pazo de Bendaña. Baixo a escultura dun Atlas cargando co globo terráqueo atópase este maxestuoso exemplo do barroco compostelá que alberga no seu interior unha das máis prolíficas Fundacións-Museo de todo o país: a adicada a Eugenio Fernández Granell. O xenuíno … Continue reading A Fundación-Museo Eugenio Granell

Do lenzo á pantalla

Menalia Yáñez Basanta En Bioloxía defínese o termo “simbiose” coma unha relación permanente entre dous seres vivos que levan unha vida en común e da cal, polo menos un dos dous, obtén algún tipo de beneficio. Este proceso evolutivo foi unha parte esencial para a vida e podemos atopalo en organismos coma, por exemplo, as avésporas e as follas da figueira. Con este plantexamento non … Continue reading Do lenzo á pantalla

MEGA: Museo Estrella Galicia, máis que un museo de sitio

Clara Reigosa Lombao En 1982, o Consello Internacional de Museos (ICOM) desenvolveu e publicou o concepto de “museo de sitio”, aqueles concebidos e organizados para protexer os bens culturais ou naturais mobles ou inmobles no seu sitio orixinal . En concreto, estes museos poderían darse en calquera sitio que “por su interés ecológico, sociológico, científico e, incluso, por el testimonio que da sobre la cultura … Continue reading MEGA: Museo Estrella Galicia, máis que un museo de sitio