As guerrilleiras antifranquistas galegas

María Núñez Cobas A perspectiva de xénero na historiografía é escasa, o que é máis, nos casos onde si se aplica, as mulleres acostuman aparecer como vítimas de determinados acontecementos históricos; embora estudos especializados comproban o seu papel activo neles. No referente á guerrilla antifranquista existen múltiples estudos, mais son as investigacións de Aurora Marco e Mercedes Yusta as que se centran nas mulleres. A … Continue reading As guerrilleiras antifranquistas galegas

O Arquivo “Terra e Memoria” da USC

José Carlos García Vega A Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela alberga no seu interior moito máis que aulas universitarias e unha ben nutrida biblioteca. Ascendendo ao cuarto andar, no despacho 412, atopamos a sede do Arquivo Terra e Memoria. O proxecto, nado da iniciativa dos grupos de investigación HISTAGRA, HistAMÉRICA e HISPONA, posúe máis de 2000 entrevistas recollidas dende os anos 80; un … Continue reading O Arquivo “Terra e Memoria” da USC

“Contamos agora cun material de valor incalculábel da historia viva da Galiza”. Entrevista a Alberte Mera.

Dende hai máis dun mes, estase a levar a cabo unha campaña de micromecenado para financiar unha longametraxe sobre a figura do militante nacionalista Moncho Reboiras, asasinado en Ferrol en 1975 pola policía franquista. Hoxe temos connosco a Alberte Mera, director de “Reboiras. Acción e corazón”, disposto a respostar unha serie de cuestións sobre o proxecto que está levando a cabo e sobre a recopilación … Continue reading “Contamos agora cun material de valor incalculábel da historia viva da Galiza”. Entrevista a Alberte Mera.

Juan Orol, ‘o Ed Wood galego’ en México.

Miguel Rodríguez Martínez Aquel home nado en Lalín que desempeñou oficios como o de mecánico, boxeador, xogador de béisbol, toureiro, axente secreto da policía mexicana e o que finalmente nos incumbe: actor, productor, guionista e director de cine. Ese foi Juan Orol (1893-1988), coñecido pola súa realización de filmes de baixo custo, calidade e, en moitos casos, coherencia. Mais, estase sendo inxusto con Juan Orol? … Continue reading Juan Orol, ‘o Ed Wood galego’ en México.

O Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside. Un museo do exilio en perigo de extinción.

Clara Reigosa Lombao    Durante a Guerra Civil e o franquismo, Galicia sufriu unha forte represión que obrigou ao éxodo a un gran número de persoas, especialmente aos países de América Latina, con Arxentina como principal receptor. Isto permitiu que Galicia se identificara nestes momentos en dous espazos distintos: a Galicia interior, na que a sociedade quedou reprimida baixo o réxime; e a Galicia exterior, … Continue reading O Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside. Un museo do exilio en perigo de extinción.