As guerrilleiras antifranquistas galegas

María Núñez Cobas A perspectiva de xénero na historiografía é escasa, o que é máis, nos casos onde si se aplica, as mulleres acostuman aparecer como vítimas de determinados acontecementos históricos; embora estudos especializados comproban o seu papel activo neles. No referente á guerrilla antifranquista existen múltiples estudos, mais son as investigacións de Aurora Marco e Mercedes Yusta as que se centran nas mulleres. A … Continue reading As guerrilleiras antifranquistas galegas

A importancia da história indígena nas lutas do tempo presente no Brasil

Giovani José da Silva Em um momento em que as sociedades indígenas no Brasil e em outros países das Américas se veem ameaçadas na garantia de direitos arduamente conquistados nas últimas décadas, é necessário (e urgente) falar sobre a História Indígena. Esquecidos durante muito tempo pela historiografia tradicional, os povos indígenas em contato com não indígenas buscam visibilidade para as lutas e o protagonismo/ a … Continue reading A importancia da história indígena nas lutas do tempo presente no Brasil

O Arquivo “Terra e Memoria” da USC

José Carlos García Vega A Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela alberga no seu interior moito máis que aulas universitarias e unha ben nutrida biblioteca. Ascendendo ao cuarto andar, no despacho 412, atopamos a sede do Arquivo Terra e Memoria. O proxecto, nado da iniciativa dos grupos de investigación HISTAGRA, HistAMÉRICA e HISPONA, posúe máis de 2000 entrevistas recollidas dende os anos 80; un … Continue reading O Arquivo “Terra e Memoria” da USC

O fascismo en Croacia (I): a masacre dos serbios, xudeus e xitanos.

Carlos Quivén Sánchez Cando nos introducimos no tema da Ustaša o aspecto máis recorrente á hora de abordar a súa análise como movemento fascista é, sen dúbida, a violencia. A Ustaša, como expoñente do nacionalismo croata levado ao seu límite máis extremo, entendía a cuestión serbia como un auténtico problema que debía solucionar para conseguir unha Nación pura e homoxénea e o seu exterminio será … Continue reading O fascismo en Croacia (I): a masacre dos serbios, xudeus e xitanos.

Deseño de indumentaria no primeiro período soviético I: A proposta construtivista

Alicia Losada García Coa implantación do réxime socialista, o goberno bolxevique aspira a crear unha nova orde social, rachando co pasado en tódolos campos da vida e da cultura, o que afecta tamén á indumentaria. Ansían crear un tipo de vestimenta orixinal que sexa funcional, allea a modas preexistentes, e que poida producirse industrialmente. Na primeira propaganda soviética aparecían homes e mulleres robustos, vestidos con … Continue reading Deseño de indumentaria no primeiro período soviético I: A proposta construtivista