Unha pequena achega ao Maio do 68 na Universidade de Compostela

Lucía Veciño Souto A piques de rematarse o mes de maio e após 51 anos daquel movemento poliédrico que xuntou ao seu redor á clase obreira e ao estudantado francés e que nos dias que seguiron escaparía das fronteiras do hexágono, gostaría de facer unha mínima lembranza do que supuxo a primavera do 68 no noso país. Un maio que non foi nin a  versión … Continue reading Unha pequena achega ao Maio do 68 na Universidade de Compostela

As orixes dun 8 de marzo galego

Lucía Veciño Souto    Fixamos as orixes internacionais do 8 de Marzo na II Conferencia de Mulleres Socialista, celebrada en Copenhague en 1910, nunha xornada na que se recolle esta data como referencia para unha movilización anual das mulleres, proposta que sairía de Clara Zetkin. Mais certo é que en numerosas ocasións sen ter en conta a grande influencia na consolidación desta data que tivo … Continue reading As orixes dun 8 de marzo galego

As mártires de Sofán no seu centenario

Lucía Veciño Souto Sofán atópase no concello de Carballo, é a parroquia do concello con máis lugares (62 núcleos de poboación). Cunha igrexa adicada a San Salvador de 1722 en estilo barroco e con algunha que outra reforma xa do XIX en estilo neoclásico. Hoxe, todo o que vemos ao redor da igrexa de Sofán é un xardín, e nel só atopamos catro lápidas pétreas … Continue reading As mártires de Sofán no seu centenario

Sobre Mazarelos

O compromiso pola Historia, pola lingua e pola cultura desta terra levou a un grupo de graduados en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela a adicar parte do seu tempo na difusión de artigos vencellados ao mundo das Ciencias Sociais en galego. Mazarelos non ten límites temáticos ou cronolóxicos. Cadaquén publica seguindo as liñas de investigación nas que este traballando ou os seus intereses. … Continue reading Sobre Mazarelos