Sorteo de tres exemplares de “Castelao. Construtor da nación”.

Como sabedes, estamos a facer unha campaña para poder publicar a Revista Mazarelos. Hoxe queremos anunciar que no primeiro número contaremos cunha entrevista conxunta a Miguel Anxo Seixas Seoane, autor de «Castelao. Construtor da nación», e Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela e director de Miguel Anxo na súa tese «Alfonso Daniel Manuel Rodríguez “Castelao”: biografía dun construtor da nación».

Aproveitando o anuncio, e grazas á Editorial Galaxia e á Secretaría Xeral de Política Lingüística, realizaremos un sorteo de tres exemplares de «Castelao. Construtor da nación. Tomo I. 1886-1930»

E como hai que facer? Pois é ben sinxelo. Dos tres exemplares, un será elixindo entre quen participe a través do Facebook, outro do Twitter e un terceiro sortearase entre todos os mecenas do proxecto, ben a través de goteo ou de maneira directa. Cada persoa poderá participar á vez nos tres sorteos, sempre que cumpra os requisitos que se amosan a continuación:

Facebook: gostar da nosa páxina, compartir a publicación e mencionar a dúas persoas nos comentarios.

Twitter: seguirnos, rechouchiar o chío, e mencionar a dúas persoas no fío.

Crowdfunding: participar na nosa campaña de crowdfunding coa doazón de calquera cantidade, ou ben a través dunha doazón directa.

O prazo remata o día 10 de novembro ás 23:59 e anunciaremos os resultados ó día seguinte, usando unha ferramenta que escolle ao chou entre quen cumpla os requisitos.

Segundo o sorteo realizado na mañán do 11 de novembro os gañadores foron:

No Facebook: Xosé Manuel Calvo

No Twitter: @paulorg95

Entre os que fixeron doazóns: Ana Parga Martínez

Unha vez máis agradecemos a vosa colaboración!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *